25N-8M Accións contra as violencias machistas na Facultade de Ciencias da Educación

Mapa do xenocidio e da esperanza: Gaza en violeta. Mércores 29 de novembro 2023 “Todas somos Palestinas”. Costureiras contra as violencias machistas. Proxecto de artivismo Téxtil Organiza: Grupo de Traballo de Igualdade de Xénero e Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación. Colabora: Equip(a) de Igualdade da Biblioteca da UDC, Grupo de Igualdade da facultade…

Rompendo Regras LAB

Laboratorio de Participación cidadá en prol dunha menstruación digna e ecosaudable Ao visibilizarmos a menstruación e ao cuestionarmos o modo dominante en que se vivencia e  desprega queremos considerar o corpo das mulleres doutro xeito. Focalizármonos na menstruación abre un espazo de coñecemento moi amplo para producirmos saberes encarnados ou corporeizados, procedentes da experiencia, da…

8M RompendoRegras. Fai a túa escolla Menú MenstruACCIÓN 8M

Con motivo do 8M, desde o grupo de igualdade e dentro das actividades do RompendoRegrasLAB, temos previstas unha serie de accións nas que nos gustaría que participaseis e lle derades difusión. Comunicámosvos as que xa están en marcha:  Olladas á endometriose, do colectivo TeCendo (Verónica Ramilo, Neves Seara e Ainara Díaz Cots). Do 14 de…

Eu poemas. Poemas abertos e menstruantes

Obradoiro dirixido por: Inma Doval Porto, Emma Pedreira e Montse Muriano   Descrición: Os Eu-poemas (I poems) son “epifanías líricas” que nos permiten falar e reflexionar sobre unha experiencia vital utilizando unha voz en primeira persoa e a aliteración “Eu” na cabeceira de cada verso. Trátase dunha ferramenta de análise cualitativa de investigación que axuda a indagar a través do auto-retrato poético.   Con este proxecto propomos…

ROMPENDO REGRAS LAB. Unha breve descrición. (Mar Rodríguez Romero)

Tras un curso en que mobilizamos coñecementos para descubrirmos como visibilizarmos e cuestionarmos a menstruación; un tempo en que estivemos a crear contactos dentro e fóra da Universidade, entre profesorado, persoal de servizos e alumnado, organizarmos un laboratorio de participación cidadá parece unha evolución natural para Rompendo Regras. Acce ó noso lab:https://labsbibliotecarios.es/laboratorio/rompendo-regras-lab-menstruacion-digna-y-ecosaludable/ Os laboratorios de…

Rompendo Regras Lab

Convocatoria de colaboradoras nos proxectos. Convocatoria aberta de persoas colaboradoras para dinamizar o desenvolvemento dos proxectos, facilitar a realización de accións, o traballo colaborativo das participantes e apoiar a consecución de producións colectivas. Poden ser colaboradoras/es dos proxectos persoas da UDC (alumnado, PDI e PAS) e persoas alleas a UDC. O prazo de presentación de…

Rompendo Regras Lab

Laboratorio de participación cidadá por unha menstruación digna e ecosaudable  Arrancamos novo curso con toda a enerxía e a ilusión de comenzar un novo proxecto e de que vos animedes a participar!!! Engadimos, a continuación o texto da convocatoria para que teñades toda a información precisa de cara á vosa participación: O obxectivo de Rompendo Regras Lab é incluír a menstruación…

O Grupo de Igualdade únese á Campaña Ser e Sentir

Co gallo da celebración do 28 de xuño “día das diversidades sexuais”  o Grupo de Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación únese á  Campaña de sensibilización “LIBERDADE DE SER E SENTIR!” . Trátase dunha iniciativa de Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña co obxectivo de sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente…