8M RompendoRegras. Fai a túa escolla Menú MenstruACCIÓN 8M

Con motivo do 8M, desde o grupo de igualdade e dentro das actividades do RompendoRegrasLAB, temos previstas unha serie de accións nas que nos gustaría que participaseis e lle derades difusión. Comunicámosvos as que xa están en marcha: 

  • Olladas á endometriose, do colectivo TeCendo (Verónica Ramilo, Neves Seara e Ainara Díaz Cots). Do 14 de febreiro ao 11 de marzo podedes visitar na Biblioteca a exposición fotográfica Olladas á endometriose.  
  • Obradoiro “Eu poemas: poemas abertos e menstruantes”organizado e guiado por Emma Pedreira (poeta), Montse Muriano (PDI) e Inma Doval Porto (compañeira da Biblioteca e alumna de doutoramento). Realizarase o 9 de marzo ás 12 h na aula de plástica da Facultade e vai dirixido a mulleres e persoas que menstrúan ou menstruaron algunha vez. Dentro do proxecto Eu poemas e artivismo menstrual. Tes máis información no noso blog https://rompendoregras.wordpress.com/. Anótate.
  • Performance colaborativa “Útero contaminado”, o día 16 de marzo ás 12 horas na entrada da Facultade de Ciencias da Educación andar 0, realizada por Coral de la Rosa, artista multidisciplinar e voluntariado da acción Lixo Retrete dentro do proxecto O sanguento impacto dos produtos menstruais dun só uso.

Deja un comentario