Eu poemas. Poemas abertos e menstruantes

Obradoiro dirixido por: Inma Doval Porto, Emma Pedreira e Montse Muriano  

Descrición: Os Eu-poemas (I poems) son “epifanías líricas” que nos permiten falar e reflexionar sobre unha experiencia vital utilizando unha voz en primeira persoa e a aliteración “Eu” na cabeceira de cada verso. Trátase dunha ferramenta de análise cualitativa de investigación que axuda a indagar a través do auto-retrato poético.  

Con este proxecto propomos ferramentas para resignificar a menstruación, dar visibilidade a todos os factores biolóxicos, emocionais, psicolóxicos, sociais, ecolóxicos, económicos e de saúde que a acompañan. A solución parte da voz das súas protagonistas, as persoas que menstrúan ou que menstruaron nalgún momento da súa vida. Elas teñen o poder de poñer fin á deturpación patriarcal dun proceso natural.  

A finalidade do proxecto é múltiple: 

  • Socializar todos os procesos relacionados coa menstruación. 
  • Fornecer redes de comunicación entre mulleres de diferentes procedencias. 
  • Fomentar a narración de epifanías que difíciles de contar por poder resultar dolorosas ou ter sido silenciadas polo poder dominante patriarcal.  
  • Ofrecer ferramentas creativas para activar a memoria en persoas maiores e para revivir e transmitir procesos interiores e emocións de momentos vitais. 
  • Fomentar a creatividade arredor da experiencia persoal. 
  • Dotar de ferramentas de auto-retrato e auto-coñecemento a aquelas persoas que desexen relatar ou traballar arredor das súas epifanías. 

Metodoloxía: 

Serán realizados varios obradoiros onde convidaremos a participar a mulleres nacidas entre 1921 e 2003, procedentes de espazos  e culturas diversas para que creen as súas historias arredor de experiencias sobre a súa menstruación.  

Cada sesión estará dividida nos seguintes procesos: 

  1. Coñecemento. Lectura comunitaria de poemas sobre menstruación escritos por mulleres poetas de diferentes procedencias e culturas. Impresión dos mesmos para que se podan ler á vontade durante todo o proceso. 
  1. Reflexión e auto-retrato poético. Creación de epifanías líricas menstruais do Eu persoais de cada persoa participante. Para iso será utilizados diferentes materiais de escrita, collaxe e pintura. 
  1. Posta en común e debate 

Sesións: 

Sábado 26 de febreiro de 2022, de 12 a 13.30 horas. Libraría Lila de Lilith (Santiago de Compostela). Prazas limitadas. É preciso realizar unha inscrición previa no correo liladelilith@gmail.com.  

Deja un comentario