25N Violencia menstrual

2/12/2020: “Pingas coloradas: obradoiro de educación menstrual” por Noelia Darriba García

A menstrua… que? ese gran tabú que aínda pervive na sociedade e non nos permite avanzar cara a igualdade real entre os xéneros. Crearemos un espazo colectivo onde abordar a menstruación dende unha mirada educativa e feminista que rompa as barreiras e deixe de poñernos coloradas. 
FACILITA: Noelia Darriba García (AtalaiA Social) educadora social e facilitadora da Terapia do Reencontro.

CANDO?: 2 de decembro de 2020 de 10:30 a 12:00   

ONDE?: Facultade de Ciencias da Educación. Salón de Graos.  

QUEN PODE PARTICIPAR?: Dirixido ao conxunto do alumnado da Facultade.  

No marco da temática anual da Comisión: a menstruación. 

 60 prazas. 

Carteis provocativos

Representación visual de expresións, debuxos, imaxes, chistes, que amosen as violencias machistas expresadas na menstruación, como o silenciamento, o estigma, o asco, a discriminación económica, a neglixencia institucional no control dos compoñentes nos produtos menstruais dun só uso, a ausencia de educación menstrual no ensino obrigatorio, etc.  

CANDO?: 24 de novembro – 9 de decembro 2020 

ONDE?:  

  • Instagram…. Etiquétanos sempre @ollarmosvioleta #rompendoregras_udc e engade #carteisprovocativos_udc 
  • Espazo de Iguadade da Facultade de Ciencias da Educación, andar 0 

“Ollarmos en violeta” con pinzas de madeira 

https://rompendoregras.wordpress.com/ollarmos-en-violeta-o-teu-espazo/

QUEN PODE PARTICIPAR?: Alumnado, profesorado e persoal de servizos