Coñécenos

Os nosos propósitos son:

  • Contribuír á igualdade de xénero na Facultade, entendida como equivalencia, no senso de acceso a todos os dereitos en igualdade de condicións, e como diferencia, atendendo as especificidades das persoas e grupos vulnerados.
  • Alertar e actuar sobre as múltiples manifestacións da violencia de xénero na contorna académica.
  • Estimular formas alternativas de masculinidade baseadas no respecto, no coidado e na reciprocidade.
  • Promover as pedagoxías da vida que ensiñan o coidado das persoas, dos seres vivos e do planeta e estimulan a reciprocidade e a comunidade.
  • Alentar sinerxias en materia de igualdade de Xénero entre a comunidade educativa da Facultade.

Grupo de Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación

Grupo de Traballo en Igualdade de Xénero da Facultade de Ciencias da Educación, constituido o 28 de setembro de 2020. Grupo aberto á libre participación de alumnado, profesorado e persoal de servizos da Facultade.

Quen?

Mar Rodríguez Romero
Profesora titular no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña. Coordinadora do Grupo de Traballo de Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación.Representante de Igualdade de Xénero da UDC.

Neves Arza
Profesora titular no Departamento de Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación.

Juanjo Lorenzo Castiñeiras
Profesor no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña

Montserrat Muriano Rodríguez
Profesora no departamento de Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación.

Carmen Rodríguez Rodríguez
Profesora da Universidade da Coruña e Doutora en Socioloxía pola UCM. Os temas sobre os que traballa son a socioloxía da cultura e da comunicación e a teoría sociolóxica.

Cathryn Teastley Severino
Profesora no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da UDC. A súa investigación céntrase na procura da xustiza intercultural a través da etnografía, a pedagoxía crítica, a formación do profesorado anti-sesgo e a educación para a paz.

Inma Doval Porto
Bibliotecaria na Facultade de Ciencias da Educación da UDC. Estudante de doutoramento no Programa en Estudos Literarios da Facultade de Filoloxía da mesma universidade. Artista plástica.

Gabriela Frías Goytia
Gabriela L. Frias Goytia estudante de doutoramento do Programa en Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde da Facultade de Educación da UDC, traballa investigando a calidade de vidas das persoas maiores en Galiza en coordinación có Universidade de Santiago de Compostela.

Ary García
Graduada en Comunicación. Estudante en prácticas do Mestrado de Políticas Sociais da Facultade de Socioloxía.

Sandra Lage
Alumna do Grao en Educación Social da Facultade de Educación da UDC.

Genoveva Gundín González
Alumna do Grao en Educación Social da Facultade de Educación da UDC.

Uxía Hadaly Romero
Bolseira no Departamento de Pedagoxía e Didáctica. Bolseira de actividades complementarias.

Sabela Quintillán Quintillán
Bolseira no Departamento de MIDE e Didácticas Específicas. Bolseira de actividades complementarias.