Contra o xenocidio en Gaza

A Relatora Especial da ONU, Francesca Albanese (25/03/2024) presentou o seu informe sobre os ataques de Israel en Gaza como «a anatomía dun xenocidio’” e neste afirma que cumpre tres dos puntos que definen un xenocidio segundo a Convención internacional: 1/Matar a membros dun grupo específico, 2/Causarlle danos corporais ou mentais, e 3/Inflixir, deliberadamente, condicións de vida calculadas para provocar a súa destrución física total ou parcial. A Relatora insta o embargo do comercio de armas con Israel e á intervención internacional, co obxectivo de poñer fin ao xenocidio.

O Grupo de traballo en Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación convoca cada mércores, desde que comezaron os primeiros bombardeos na franxa de Gaza, o pasado 7 de outubro de 2023, concentracións semanais, todos os mércores ás 12 da mañá diante das facultades de Dereito e Ciencias da Educación (campus de Elviña da Universidade da Coruña). Asemade, engadíronse outros puntos de concentración, no Campus de Esteiro (Ferrol) diante da Facultade de Humanidades e o patio da Reitoría, na Maestranza. Froito destas concentracións son unha serie de manifestos que lemos en cada unha delas. A seguir podedes ler aqueles que foron lidos e aprobados en Xunta de Facultade.

comunicado 1 (23 outubro)comunicado 6 (20 decembro)Comunicado 8 marzo