25N-8M Accións contra as violencias machistas na Facultade de Ciencias da Educación

Mapa do xenocidio e da esperanza: Gaza en violeta. Mércores 29 de novembro 2023

  • Exposición de Fancines Alza a voz: violencias machistas e xenocidio en Gaza
  • Performance Xogo de Crianzas (12:05 tras o minuto de silencio pola xustiza en Palestina, nas escaleiras entre as Facultades de Dereito e Ciencias da Educación)
  • Obradoiro de Sudarios para Crianzas, en Occidente mercamos crianzas en Palestina asesínanse
  • Inmersión audiovisual Oasis do son: os horrores da guerra
  • Selfies durante o asedio Be real en Gaza
  • Photocall Animais de peluche para as crianzas gazatíes
  •  Campaña en Tick Tock Verde esperanza
  • Mural/enquisa Guerra o cuadrado para mulleres e nenas (menstruar nos conflitos bélicos)
  • Mariola das mulleres refuxiadas
  • Realización colaborativa da Trenza da xustiza e liberdade para Palestina
  • Mural provocativo As dúas caras da guerra: á muller sen rostro
  • Fanzine/enquisa Comecocos Palestina en violeta

“Todas somos Palestinas”. Costureiras contra as violencias machistas. Proxecto de artivismo Téxtil

Organiza: Grupo de Traballo de Igualdade de Xénero e Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación.

Colabora: Equip(a) de Igualdade da Biblioteca da UDC, Grupo de Igualdade da facultade de Economía, Oficina de Igualdade de Xénero

Participa: toda a comunidade universitaria e persoas externas

Propósitos

  • Participarmos nun acto de sororidade artivista baseada na costura como práctica feminista para nomear as violencias machistas e os sonos feministas tomando como referencia as opresións sufridas polas mulleres en Gaza e Palestina.
  • Vivenciarmos a interconexión entre as violencias machistas e as estratexias das superviventes para alén de localizacións culturais, xeográficas e políticas.
  • Transformarmos a experiencia individual en  expresión colectiva a través da construción dun traballo artístico colaborativo que reflicta a diversidade de voces contra as violencias de xénero.
  • Promovermos a reflexión arredor do xenocidio do pobo palestino e, especificamente, da dobre violencia que sofren mulleres e nenas
  • Esixirmos o cese dos crimes de guerra, do xenocidio e da invasión que o estado de Israel exerce sobre o pobo palestino.

Descrición

Co-creación dun mosaico ou tapiz colaborativo usando a técnica da almazuela ou patchwork, para facermos un retrato coral baseado no lema feminista “Se tocan a unha, tócannos a todas”.

Está aberta a toda a comunidade universitaria e persoas externas.

Cada quen é libre de representar nun fragmento de tea a voz, rostro, corpo,  palabras, soños, desexos, loitas, berros, historias, aspiracións das mulleres en calquera cartografía do mundo.

As Facultades, Servizos ou Bibliotecas poden sumarse a acción por medio da organización da acción no seu centro ou coa recollida das pezas téxtiles elaboradas no mesmo. Para confirmardes a participación podedes enviar unha mensaxe a igualdade.educacion@udc.gal

Características técnicas

  • Tamaño do fragmento téxtil: 30 x 30 cm.
  • Material: téxtil (tea, estopa, calceta, calquera lenzo téxtil).
  • Cores da tea e dos fíos: Verde, negro, vermello (da bandeira palestina), violeta (das mulleres e branco (da paz)
  • Uniremos as pezas con la violeta e agullas de coser la (esta tarefa se fai en datas específicas e de xeito conxunto)
  • Técnicas aplicadas nos fragmentos téxtiles: pintura, costura, bordado, colaxe, escritura, entre outras.

Prazos e Proceso:

  • Primeira acción: 29 de novembro, conmemoración do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Violencias Machistas, na Facultade de Ciencias da Educación terá lugar unha xornada de intervención colectiva. Podes traer o teu fragmento ou utilizar algúns dos que ofrecerá a organización. Realizaremos unha intervención en comunidade, diante do Espazo de Igualdade da Facultade (andar -1). Posteriormente todos os fragmentos serán cosidos entre si con fíos de la violeta
  • Segunda acción: o 13 de decembro cosido de todos os novos fragmentos e exposición simultánea dos murais individuais en cada facultade, centro ou servizo. Os novos fragmentos terán sido elaborados por cada persoa e entregados nalgunha das seguintes bibliotecas: Facultade de Ciencias da Educación, Ciencias do Deporte e a Educación Física ou na Politécnica de Enxeñaría de Ferrol antes do 14 de decembro.
  • Terceira acción: data en febreiro para engadir o tapiz os fragmentos
  • Cuarta acción: 8 de marzo de 2024, día internacional da muller, os murais realizados en cada centro uniranse formando unha colcha xigante.

Entrega de obras

Cada participante entregará o seu traballo nalgunha das bibliotecas mencionadas antes do 14 de decembro de 2023.

Resultados esperados

  • Creación de murais visibles en cada facultade que favorezan a reflexión.
  • Consolidación dun mosaico téxtil xigante que represente a forza da solidariedade e a resistencia contra a violencia de xénero.

Difusión e Sensibilización:

Utilización de redes sociais, medios universitarios e colaboración con organizacións relacionadas para difundir a iniciativa.

MATERIAL DE APOIO

Deixamos aquí unha serie de enlaces a documentos que vos poden axudar á hora de crear a vosa peza téxtil, ben xexa con bordado, pintura, estampa, colaxe… Tedes liberdade técnica absoluta, sempre que permita a continuidade do proxecto (non pode ser algo efémero porque o obxectivo final é o 8M e despois aínda poderá continuar noutros espazos).

Desde SUG Palestina fanos chegar este documento elaborado por elas sobre o tatreez, bordado palestino utilizado polas mulleres ao longo do tempo e, en moitas ocasións, con fondo artivista, de denuncia e reivindicación.

Manual de técnicas experimentales para la creación de telas de corto metraje de María
de Guadalupe de Agüero Servín (México: Universidad Iberoamericana Ciudad de
México, 2017). Este manuel é moi completo e nel podedes ver moitas técnicas de creación sobre tea. Inclúe todos os materias necesarios, imaxes e descrición moi precisa.

Aquí tedes algúns exemplos de creadoras que fan colaxe téxtil e que vos poden inspirar se escolledes esa técnica:

Emily Jacir

Ana Pillado

Diane Lavoie

Sivia Vinao

Victoria Villasana

Erikia Ewell

Billi Zangewa

Deja un comentario