Rompendo Regras Lab

Laboratorio de participación cidadá por unha menstruación digna e ecosaudable 

Arrancamos novo curso con toda a enerxía e a ilusión de comenzar un novo proxecto e de que vos animedes a participar!!!

Engadimos, a continuación o texto da convocatoria para que teñades toda a información precisa de cara á vosa participación:

O obxectivo de Rompendo Regras Lab é incluír a menstruación digna e ecosaudable na formación universitaria, na investigación e nas políticas de coidado da Universidade e doutras entidades e organizacións educativas e socioeducativas. 

Convocatoria aberta de proxectos para: 

Implementar ou deseñar accións, experiencias, recoller, analizar e sistematizar información para cambiar actitudes, prácticas e políticas na Universidade e noutras organizacións educativas e socioeducativas en prol dunha menstruación digna, ecolóxica e saudábel.  

Poden ser iniciativas novidosas ou experiencias que poden replicarse dun xeito orixinal con formas de traballo participativas e equipos multidisciplinares e con persoas de ocupación e procedencia diversas. 

Os proxectos teñen que abordar  algunha ou varias das seguintes temáticas: 

  • Educación menstrual, formación e integración no curriculum. 
  • Investigación sobre menstruación e xustiza reprodutiva. 
  • Políticas institucionais sobre menstruación na Universidade e noutras entidades ou organizacións educativas e socioeducativas.  
  • Expresións artístico-literaria e menstruación. 
  • Saúde, coidados, actividade física, corpo, menstruación e climaterio. 
  • Menstruación e medio ambiente. 
  • Menstruación, sensibilización e educación para a cidadanía global. 
  • Acceso a produtos menstruais ecosaudables, economía da menstruación e pobreza menstrual.

Presentación de proxectos 

Pode presentar proxectos persoas da UDC (alumnado, PDI e PAS) e persoas alleas a UDC. 

Participa completando este formulario. https://forms.office.com/r/XgYfnVNu5h 

O prazo de presentación de proxectos remata o 14 de outubro ás  24:00. 

Forma de traballo 

  1. Realización de dous ou mais sesións segundo a modalidade do proxecto (on line, presencial ou semipresencial) en equipos multidisciplinares e diversos de xeito colaborativo. 
  1. Rexistro do proceso nun documento de seguimento xa formalizado pola organización e da descrición dos resultados nun documento tamén formalizado. 
  1. Difusión do proceso e dos resultados nas redes sociais. 
  1. Participación no evento de peche para compartir os resultados de todos os proxectos e a elaboración das conclusións globais. 

Temporalización

Criterios de selección de proxectos 

  • Diversidade de participantes e audiencias involucradas. 
  • Traballo colaborativo e produción de coñecemento colectivo. 
  • Vinculación coas temáticas da convocatoria. 
  • Impacto na implementación dunha menstruación digna e ecosaudable. 

Comisión de selección 

Grupo de Traballo de  Igualdade de Xénero da Facultade de Ciencias da Educación e persoal da Oficina de Igualdade de Xénero da UDC. 

Organización 

Organiza: Grupo de Igualdade de Xénero da Facultade. de Ciencias da Educación (UDC), dentro do proxecto Rompendo Regras UDC con profesorado, alumnado e persoal de servizos das Facultades de Ciencias da Educación, Fisioterapia, Ciencias do Deporte e Educación Física e Socioloxía. 

Apoia: Oficina de Igualdade de Xénero (UDC) 

Comité organizador: Mar Rodríguez Romero (Organización), Araceli Couce García e Inma Doval Porto (Comunicación), Mar Rodríguez Romero, Neves Arza Arza e Alicia Martínez Rodríguez (Coordinación). 

Este laboratorio forma parte da iniciativa “Laboratorios Ciudadanos Distribuidos”, proxecto en colaboración entre a Subdireción Xeral de Coordinación Bibliotecaria (Ministerio de Cultura e Deporte) e Medialab Prado (Concello de Madrid). 

Contacto

¿Todavía tes dúvidas? Non dudes en contactar co Grupo de Traballo de Igualdade da Facultade de Educación da UDC. Podes escribirnos ó correo electrónico igualdade.educación@gabyfrias

¿De dónde nacen os laboratorios?

Este proxecto está xestionado polo Grupo de Traballo en Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación da UDC, en colaboración con outras Facultades como a de Fisioterapia e a de Ciencias da actividade Física e deportiva. Ten lugar na UDC e atópase dentro da iniciativa «Laboratorios Cidadanos Distribuídos» de MediaLab Prado, nace o laboratorio de soberanía mentrual Rompendo Regras Lab: https://labsbibliotecarios.es/laboratorio/rompendo-regras-lab-menstruacion-digna-y-ecosaludable/

Deja un comentario