O Grupo de Igualdade únese á Campaña Ser e Sentir

el

Co gallo da celebración do 28 de xuño “día das diversidades sexuais”  o Grupo de Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación únese á  Campaña de sensibilización “LIBERDADE DE SER E SENTIR!” . Trátase dunha iniciativa de Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña co obxectivo de sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero. Tedes información toda a información na súa web onde podedes ver as palestras de anos anteriores, series recomendadas, así como unha selección de lecturas interesantes.

A programación deseñada para esta edición vai combinar a presencialidade e o formato dixital, así como o envío de material promocional ás entidades que se adhiran ao programa. As actividades a desenvolver serán as seguintes: contacontos infantil e pílulas divulgativas en formato dixital, difusión de materiais didácticos, xogos interactivos e a celebración dunha palestra na que representantes de diversos colectivos abordarán os retos de futuro da diversidade sexual. Estes e outros recursos e contidos estarán dispoñibles na web seresentir.gal a partires do 8 de xuño.

#seresentir

Deja un comentario