DÍA INTERNACIONAL DA HIXIENE MENSTRUAL

Hoxe, 28 de maio, celebramos o día internacional da Hixiene Menstrual. E digo celebramos posto que, dende esta pequeniña comunidade que conformamos en @ollarmosvioleta queremos convidarvos a festexar a menstruación e a reconciliarnos cos nosos corpos e os nosos procesos.   Por unha parte, se imos falar da hixiene menstrual faise urxente recordar a falta…

Impresións en vermello e outras lembranzas, por Cathryn Teasley Severino

1977 – 15 anos de idade – Instituto de Educación Secundaria. Mancha vermella na íngua dun pantalón beige. Desde a Secretaría do centro chaman á casa familiar para que alguén leve esa mancha para a súa casa. Acode unha veciña; non había ninguén en casa. Ela leva a mancha á casa familiar do pantalón manchado….

Estudo sobre axentes físicos para paliar a dor menstrual

Os trastornos menstruais son un problema recurrente entre as mulleres. A dor menstrual normalízase e asúmese coma algo “habitual e común” asociado ó feito de menstruar. A maoría das mulleres non o consultan cun profesional sanitario, o que pode incidir en que este tipo de dor esté infraestimada e, polo tanto, infradiagnosticada, cun reducido número de recursos sociosanitarios para abordala. A dor menstrual, que pode xerar espasmos, cólicos e incluso calambres musculares, soe ficar e experimentarse nun ámbito privado, sen consultar coa rede de recursos sociosanitarios. É importante identificar esa dor coma algo patolóxico, que é posible abordar dende distintos recursos.  Para elo, cabe indicar…

8Menstrual. Menstruación e dereitos das seres humanas. Por Mar Rodríguez Romero

Polo simple feito de menstruar, as mulleres somos penalizadas e sufrimos penalidades innecesarias. Desde nenas, ensínannos a  esconder a menstruación,  a medicalizala, a  asumir todos os seus custos económicos, sociais, profesionais, e a usar produtos menstruais perigosos para a nosa saúde e para o planeta. Ensínannos a vivir disociadas da nosa menstruación: para non minorar…

Escaleta de 8Menstrual de @ollarmosvioleta

8M MENSTRUAL 15. 30h: PRESENTACIÓN DAS XORNADAS. Proxecto Rompendo Regras UDC: Presentación proxecto Fotovoz na aula: alumnas e profesoras Mar Rodríguez (Facultade Ciencias da Educación) Carmen Rodríguez (Facultade de Socioloxía) Alicia Martínez Roddríguez (Facultade de Fisioterapia) María José Mosquera González (Facultade de Ciencias do Deporte) Baixa Menstrual. Neves Arza e estudantado (Facultade Ciencias da Educación)…

Ciberactivismo Menstrual

  Aló polo 2015 atopábamonos co caso dunha artista pakistaní que decidiu reivindicar a menstruación e expoñer os tabús que a rodean, subindo unha foto a Instagram na que aparecía deitada na cama, co pantalón e as sabas manchadas de sangue.  Esta imaxe foi eliminada dende a mesma rede social (non unha, senón dúas veces),…

Quen fai, pode equivocarse. Quen non fai, xa está a equivocarse.

Hai unhas semanas chegou aos nosos ouvidos que unha alumna da Universidade de Vigo, cuxo nome descoñezo e que a verdade tampouco me interesa, xa que non creo que mereza ser feito máis público do que xa será, fixo unha campaña co gallo de proporcionar ao alumnado da comunidade universitaria produtos de hixiene menstrual de…

A arte menstrual nas contas de instagram

Esta entrada xorde co gallo de visibilizar algunhas manifestacións artísticas en torno á menstruación que podemos atopar no instagram, a plataforma de moda nestes momentos. A continuación presento algunhas das contas escollidas e unha selección dalgunhas das súas ilustracións máis enfocadas á menstruación: @GIULIAJROSA Giulia Rosa é unha deseñadora, ilustradora e cantante que reside en…

2020: un ano cheo de loitas menstruais

Somos conscientes de que este ano marcado pola pandemia do coronavirus será moi difícil de esquecer. Pero tamén é certos que tanto os malos recordos como os bos permanecen na nosa memoria, inda que moitas veces sexa necesario facer un exercicio consciente e activo de lembranza destes últimos. Porque si, o 2020 deixounos cousas positivas,…

Un conto para levar a menstruación ás aulas de educación infantil

Que a menstruación é un tema tabú en maior ou menor medida e dependendo do contexto é algo do que penso que todos e todas somos conscientes. Ademais, todos os que tivemos a sorte de pasar por algunhas das diferentes fases do sistema educativo español, sabemos tamén que o entorno educativo non se escapa desta…